GALICIA DESIGN é o novo punto de encontro do deseño galego e convertirase no futuro CLÚSTER DO DESEÑO

A asociación, constituida en xuño de 2022 e inscrita no Rexistro Central de Asociacións co número 2022/25190-1, é una organización sen ánimo de lucro que xurde da oportunidade e necesidade de xerar unha plataforma de representación do sector do deseño galego entendido en sentido amplo e cun triple obxectivo básico: poñelo en valor a través da súa difusión, crear comunidade ao seu redor e formar a novas xeracións

ARQUITECTURA, ANIMACIÓN, AUDIOVISUAL, BRANDING, DIRECCIÓN CREATIVA, DIRECCIÓN DE ARTE, DIGITAL, EDITORIAL, ESPACIO, FOTOGRAFÍA, GRÁFICA, MODA, PACKAGING, PRODUCTO, SERVICIOS, SONIDO, TIPOGRAFÍA…

OPORTUNIDADE

OPORTUNIDADE

En Galicia non existe actualmente unha organización representativa de todo o sector do deseño entendido en sentido amplo

O territorio só conta coa Asociación Galega de Deseño (DAG) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), cuxas socias son persoas físicas procedentes de determinados sectores do deseño

A Fundación DIDAC é un elemento privado de promoción do deseño, pero non ten vocación asociativa ou representativa

O Clúster da Comunicación representa fundamentalmente a empresas e asociacións do sector da comunicación e da impresión

E outras entidades, como o Clúster TIC, o Clúster Audiovisual Galego, o Clúster Textil Moda , o Clúster da Madeira ou o Clúster da Automoción non teñen o deseño no seu centro, tratándose de organizacións que representan toda a cadea de valor do seu sector

GALICIA DESIGN representa ao sector do deseño galego en sentido amplo, pero tecendo alianzas coas organizacións anteriormente citadas, retroalimentando o bo traballo feito ata agora por elas

OBXECTIVOS

OBXECTIVOS

10 obxectivos comúns a todo o sector do deseño para levalo ao lugar onde se merece pola súa trascendencia social, económica e cultural

  1. Xerar COMUNIDADE ao redor do deseño galego, un sector tradicionalmente moi disgregado pero con problemas e obxectivos comúns

  2. Poñer en VALOR o deseño, fomentando a súa valoración social, institucional e empresarial

  3. Convertir a Galicia na CAPITAL do deseño do noroeste peninsular e en rótula de conexión entre España e Portugal

  4. ABRIR o deseño galego ao mundo e xerar interconexións de valor

  5. REPRESENTAR ao sector do deseño na interlocución coas diferentes administracións públicas

  6. Tender pontes de RELACIÓN con outras entidades rexionais e internacionais

  7. Impulsar unha FORMACIÓN especializada, de calidade e non regrada

  8. Ofrecer SERVIZOS cualitativos as súas asociadas

  9. Prestar servizos de ASESORAMENTO en procesos de deseño a empresas e institucións

  10. Finalmente, crear unha ESTRUTURA o suficientemente flexible e áxil para acometer proxectos de diferentes escalas e gran impacto

ESTRATEXIA

ESTRATEXIA

DIFUSIÓN
FORMACIÓN
INVESTIGACION

Servizos
Instalacións

Aberta ás aportacións de calquera asociada

DIFUSIÓN

Aumentar a valoración social, empresarial e institucional do deseño a través da transmisión de boas prácticas, da apertura ao gran público, da súa promoción nacional e internacional e da creación de comunidade

Dous proxectos principais:

Co-organizar a programación profesional da GALICIA DESIGN WEEK, dentro do circuíto internacional de semanas do deseño, coa axencia creativa Follow, que iniciou o proyecto en 2021 e que é socia de GALICIA DESIGN

IBERIAN
DESIGN
AWARDS

Impulsar os premios IDA ao mellor deseño ibérico desde unha perspectiva antidisciplinar

  • Non se premian traxectorias, senón proxectos de deseño concretos e reais

  • Proxectos realizados por profesionais naturais ou residentes en España e Portugal, ademais de para clientes de ambos países

  • O mellor deseño non ten por qué categorizarse en disciplinas, xa que habitualmente algúns dos mellores traballos teñen un enfoque olístico

  • Remunerado e formado por 5 profesionais do deseño, tendo un voto de calidade o membro cuxa especialidade e experiencia máis se aproximen ás características do proxecto a evaluar

  • A diferenza da gran maioría de premios de deseño, os IDA contan cun recoñecemento económico, ademáis do proporcionado polo prestixio do jurado e pola comunicación da GDW

    O xurado terá liberdade para outorgar menos de 5 premios e para propor ao patrocinador a entrega excepcional de 6 galardóns en base á calidade dos proxectos presentados

  • Serve para instaurar un filtro de calidade sen representar un impedimento económico

  • Non limitada na súa extensión ou formato

  • Unha primeira selección coordinada pola GDW e realizada por representantes de Galicia Design e do patrocinador

    Unha segunda criba coordinada pola GDW e realizada por representantes de Galicia Design y do patrocinador xunto ao xurado

    Unha selección final realizada polo xurado tras as presentacións online dos proxectos finalistas, podendo cuestionalos directamente, e contando con voz representantes de Galicia Design e do patrocinador, pero non con voto

  • Os proxectos gañadores anunciaranse na GDW23 e expondranse na GDW24, convidando os seus creadores a explicalos durante o evento

  • Organizados por Galicia Design en colaboración cun patrocinador e coa Galicia Design Week

FORMACIÓN

De calidade e prestixo, non regrada e apoiada en profesionais de referencia en activo, xerando cantera galega e favorecendo a retención de talento propio e a atracción de talento de fóra

Un proxecto principal:

GADEA
Galicia Design Academy

Lanzamento cunha serie de workshops para convertirse a medio prazo no centro formativo de deseño de referencia no noroeste peninsular e financiado con fondos público-privados

INVESTIGACIÓN

Creación dun ecosistema áxil para o desenvolvemento de proxectos de investigación e para o fomento da colaboración institucional e empresarial

Un proxecto principal:

GDLAB
Galicia Design
Lab

Lanzamento cun proxecto transversal entre o deseño e o arte e con proxectos de colaboración entre socias

Servizos

Acordos con axentes externos para proporcionar ás socias servizos de calidade e adaptados ao sector creativo do deseño, ademáis de prestar servizos remunerados a terceiros:

  • Representación e interlocución coa administración pública

  • Dixitalización

  • Internacionalización

  • Asesoría especializada (laboral, finanzas, xestión de proyectos, propiedade intelectual, contratación, licitacións…)

  • Sustentabilidade

  • Consultoría en procesos de contratación de deseño

Instalacións

Sede provisional en Studio Follow, espazo creativo na Coruña, co obxectivo a medio prazo de crear un centro de referencia internacional no centro da cidade que aglutine difusión, formación e investigación, ademáis de servizos ás socias

FINANCIACIÓN

FINANCIACIÓN

SEN CUOTAS

APORTACIÓNS PÚBLICAS REGULARES

APORTACIÓNS SINGULARES DAS SOCIAS

PRESTACIÓN DE SERVIZOS

SEN CUOTAS

As socias non terán que abonar cuotas mensuales ou trimestrales para sufragar o funcionamento do Clúster

APORTACIÓNS PÚBLICAS REGULARES

Propoñerase ás administracións autonómica e local a súa colaboración anual para o funcionamento estable do proxecto

E para o desenvolvemento estratéxico e a acometida de proxectos solicitaranse as subvencións dirixidas ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica e polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

APORTACIÓNS SINGULARES DAS SOCIAS

Para determinados proxectos propios, como a GALICIA DESIGN WEEK, abrirase unha convocatoria de patrocinio entre as socias a cambio dunha serie de prestacións

PRESTACIÓN DE SERVIZOS

Desenvolverase un sistema de tarifas para a prestación de servizos a socias e terceiros: aluguer de instalacións, asesoría especializada, sustentabilidade e consultoría en procesos de contratación de deseño